|
restaurante saiñeiro |
|
|
|
os nosos locais |
|
|
|
|
O restaurante Saiñeiro abre as súas portas en Noia (Galiza) en abril do ano 1994, buscando na súa orixe proporcionar servizos de cafetería, bar e tapas. Co tempo, os nosos clientes foron demandando unha maior especialización das nosas tapas e racións, sendo o éxito destas o que nos levou a reorienta-los servizos do Saiñeiro cara a pratos máis elaborados. Deste modo, o Saiñeiro converteuse nun restaurante de prestixio en Noia, destacándose como establecemento de referencia en calidade e servizo. |
O restaurante Saiñeiro conta con diversas especialidades culinarias procedentes da gastronomía tradicional galega, que transmiten ó comensal os sabores dos mellores produtos da Galiza cunha coidada preparación. Entre as nosas especialidades máis salientadas atópanse as brochetas de polbo e lagostinos, o bacallau ao forno, as brochetas de solombo, os nosos famosos revoltos, a uña...
Ademais, dende a nosa apertura contamos cunha gran variedade de tapas e racións, nas que nos especializamos ó longo dos anos, entre as que salientan os calamares da ría, a ensaladilla, a zorza ou a tortilla, podendo ofrecer ós nosos clientes unha ampla selección de ensaladas, paellas caseiras, pratos combinados, etc. |
|
Finalmente, quixemos contar con dúas marcas de prestixio como Paellador e Cruji-Croques que nos permiten ofrecer unha ampla selección de pizzas ao forno e paellas mediterráneas elaboradas cos mellores ingredientes e que fan as delicias dos padais máis esixentes. |
|
|